



Seguindolle o xogo o piñeiro, o xogo das memes, escribo.
Este e un xogo que propon este comunicador de mente privilexiada e corpo escultural para darlle vidiña os nosos blogs.
O tema e postear sobre cinco cousas que te gusten ou que significaron algo para ti.
Ben, eu vou falar de cinco cousas que significaron algo para min, que me producen nostalxia, e que hoxe xa non teñen trascendencia de ningun tipo mais que para min.
A primeira é o que foi o meu gran desexo consumista os doce anos. Unhas flamantes "Air Jordan I". Desexo incumplido, por suposto, porque a miña nai non houbo forma de facerlle comprender o status social que un neno de 12 anos alcanzaba o calzar un par destas, por o módico precio de 11000 pesetas do ano 1987.
Outra cousa que me gustou moito, e que aínda hoxe me sigue gustando e a mitica serie "Miami vice". Fun fan dela dende que vin o primeiro episodio. De feito, fai pouco me comprei a terceira tempada da serie na fmac. Cada un ten o seu pasado...
Se tivese que decidirme por unha canción, tarefa non exenta de dificultade, seria facil que me decidise por algunha de "Eurythimcs", por exemplo "there must be an angel".
Como pelicula para recordar penso que diria "Dos hombres y un destino", de Paul Newman e Robert Reford, con aquela inesquecible canción, "raindrops falling on my head".
Agora tocaría falar de un libro ( nese caso diria "Iglus en la noche" de hans ruesch), pero vou mencionar outra cousa.
Un dos coches dos meus sonos: Un mercedes 250sl pagoda. A perfección feita coche.
Ai miles de cousas intranscendentes que me marcaron tanto ou mais que estas, sen dúbida, mais estas son as que me quisen mencionar desta vez.
chaoooo.





