Este tipo non é un tipo común, nin sequera e normal nas suas rarezas, se non que mesmo nestas e singular.
Non cabería logo esperar que fixera unha festa normal.
Fixoa no medio da "serra de san mamede", nun albergue que se autoxestiona enerxéticamente, con música en vivo, comida naturista, mesa de mezclas e Dj´s que pincharon mesmo o "mazinguer z" versión xaponesa.
É importante mencionar eiqui que comparto o resumo musical que fai Leo da vida.
Tamen quero recordar que o documental dos osos "grezzlys" e unha montaxe.
Xuntamonos unha morea de xente coa intención de ollar se era certo que o cambio de decena fixera que o raul, ai q raul", perdera o pelo das cellas, alongaralle os membros superiores e cambiaralle a expresión facial por outra de madura intelixencia. Pois non, era o de sempre.
Tanto medo que tiña os trinta.
Ademais de comprobar que o raul, ai q raul", non sufrira cambios físicos nin psíquicos (estos últimos únicamente poderían ser a mellor e non teria lóxica evolutiva), tamen puidemos comprobar "in situ" o funcionamento dunha turbina hidraulica, alimentada por un mini encoro oculto, un aeroxenerador que se escondeu na neboa, escoitar unha maxistral lección sobre bio-construcción con materiais autóctonos de finlandia, e disfrutar, despois dunha suculenta cea, dos istrionismos do anfitrión, co acompañamento musical dun fantástico Leo, e recalco, fantástico.
O domingo dimos unha volta pola serra, cortalume incluido, comimos un "strogonoff" e regresamos raudos a exercer o noso sufraxio.
Este que fala pasouno de medo, e aledase, sen dubida, de poder desfrutar, ocasionalmente, da tua compaña, dende fai xa unhos cantos anos.
Insisto, fantástico ese Leo.
E comentar tamen que as rapazas aquelas eran actrices... Non?
A, unha aclaración, a Finlandesa e de Padron, era tamen unha montaxe.